As operacións realizadas a través da Área de clientes de Aquara, Gestión Ciclo Integral Aguas de Aragón (S.A.U.) rexeranse polas seguintes condicións:

Primeiro. Obxecto

As presentes condicións particulares ("Condicións") teñen por obxecto regular o acceso e uso da Área de clientes ("AC") de Aquara, Gestión Ciclo Integral Aguas de Aragón (S.A.U.) (en diante resumidamente a "Compañía").

A utilización deste servizo implicará a conformidade do Usuario da AC coas presentes Condicións de uso e as especificacións requiridas para a realización de cada operación que realice a través do servizo, así como a información legal e sobre privacidade que se atopa dispoñible na páxina web da Compañía.

A través do servizo de Área de clientes da Compañía, o Usuario da AC poderá realizar de xeito on-line distintos trámites e xestións relacionados cos seus contratos en vigor.

Consideraranse válidas as comunicacións dirixidas pola Compañía ao Usuario da AC a través do servizo de Área de clientes.

Segundo. Proceso de rexistro de Usuario da AC. Alta na AC

Para poder facer uso da Área de clientes, cómpre completar o proceso de rexistro que se describe a continuación e aceptar as presentes Condicións.

AC da Compañía ponse a disposición exclusivamente de:

  • Clientes titulares dun contrato en vigor coa Compañía ("Particulares").
  • Administradores de predios colexiados ("Administradores de Predios").
  • Apoderados de persoas xurídicas cun contrato en vigor coa Compañía ("Apoderados").

A alta no servizo gratuíto de Área de clientes suporá a aceptación das condicións do servizo, da súa política de privacidade e das funcionalidades presentadas en cada momento para cada unha das operacións e xestións realizadas a través del mismo.

As persoas maiores de 18 anos que cumpran os requisitos anteriores poderán solicitar a alta na AC en nome propio ou dos terceiros que representan lexitimamente.

Ao iniciar o proceso de rexistro, deberanse facilitar datos identificativos e de contacto do solicitante, así como información sobre o contrato en vigor coa Compañía en base ao cal se solicita o acceso á AC. Salvo no caso de Apoderados e Administradores de Predios, a alta na AC deberá solicitarse en nome propio.

No caso de que, na alta ou durante a alta, o Usuario da AC facilitara datos doutras persoas físicas, manifesta que posúe o consentimento expreso destas, o que deberá ser debidamente acreditado a través do correspondente documento de autorización ou de representación en caso de Administradores de Predios ou representantes de persoas xurídicas, para que os seus datos sexan utilizados pola Compañía coas finalidades mencionadas.

En calquera caso, comprométese a proporcionar información certa en relación cos seus datos persoais e a mantelos actualizados.

A Compañía resérvase o dereito de rexeitar aquelas solicitudes de alta nas que non exista coincidencia entre a información facilitada no proceso de rexistro e a que conste nos seus sistemas.

Ao realizar o proceso de alta, o Usuario da AC escolle o seu nome de Usuario e recibe un correo electrónico para establecer o contrasinal e finalizar o proceso de activación.

O Usuario da AC deberá utilizar un contrasinal de acceso á Área de clientes que cumpra uns requirimentos mínimos de seguridade (lonxitude mínima de 6 caracteres e conter polo menos 2 números e 2 letras).

O Usuario da AC poderá acceder ao seu perfil utilizando o nome de Usuario e contrasinal.

En caso de que a alta se realizara a través de atención telefónica ou presencial, o Usuario da AC recibirá un correo electrónico para establecer o contrasinal e finalizar o proceso de activación.

O Usuario da AC comprométese a observar a máis estrita confidencialidade respecto ao seu identificador nome de Usuario e contrasinal.

A Compañía queda exonerada de calquera responsabilidade que puidese derivarse da utilización incorrecta ou neglixente do contrasinal, así como da súa cesión a terceiros, perda, roubo e furto, ou de calquera acto e omisión do Usuario da AC que puidese posibilitar a comisión de fraude.

Por motivos de seguridade, a Compañía poderá modificar o contrasinal, notificando convenientemente ao Usuario da AC tal circunstancia.

Todos os trámites realizados a través do nome de Usuario e contrasinal do Usuario da AC consideraranse validamente realizados por este, xerando os dereitos e obrigas que se deriven deles.

Terceiro. Obrigas do Usuario da AC

A utilización da AC realizarase baixo a única e exclusiva responsabilidade do Usuario da AC.

O Usuario da AC deberá custodiar adecuadamente o nome de Usuario e contrasinal da AC, sendo o único responsable do uso que se realice deles. O Usuario da AC comprométese a comunicar calquera sospeita de roubo de credenciais, suplantación ou uso fraudulento delas, a través dos medios de contacto descritos no punto 6 destas Condicións.

Recoméndase o cambio periódico do contrasinal.

Cuarto. Baixa de Usuario da AC

O Usuario da AC poderá en calquera momento darse de baixa do servizo de Área de clientes desde a opción de configuración de Usuario da AC prevista na mesma aplicación.

A Compañía resérvase o dereito a bloquear e/ou suspender a realización de trámites a través da AC, de xeito inmediato e sen previo aviso, nos seguintes casos:

  • Cando finalice a vixencia do contrato en base ao cal se solicitou o acceso.
  • Cando existan sospeitas de que o Usuario da AC incumpre o disposto nas presentes Condicións.
  • Cando existan indicios de utilización fraudulenta das claves de acceso do Usuario da AC.
  • Cando existan indicios de suplantación da identidade do titular do contrato no proceso de rexistro.
  • Cando existan indicios de que o cliente facilitou datos falsos.

A Compañía resérvase o exercicio de accións legais que poidan proceder polos danos sufridos como consecuencia do uso fraudulento ou contra as presentes Condicións de uso.

Quinto. Responsabilidade da Compañía

A Compañía realizará os seus mellores esforzos para ofrecer ao Usuario da AC acceso ao servizo de maneira continuada. Non obstante, a AC pode non estar dispoñible na súa totalidade ou en relación con algún dos trámites e xestións ofrecidos por distintos motivos, incluíndo emerxencias, sobrecarga ou conexións, fallo da ligazón, problemas en equipos de rede, interferencias ou forza do sinal. Esta indispoñibilidade non outorgará dereito ningún a compensación ao Usuario da AC.

A Compañía non se responsabiliza de ningún dano ou alteración nos dispositivos do Usuario da AC nin por datos, mensaxes ou páxinas perdidos ou non gardados ou retrasos por interrupcións ou problemas de rendemento da AC. A Compañía tampouco será responsable dos danos causados polas posibles intromisións ilexítimas de terceiros fóra do seu control.

A información proporcionada na AC foi recompilada e verificada coa debida dilixencia.

Sexto. Comunicación de incidencias

Se o Usuario da AC desexa realizar calquera consulta en relación coa AC ou sobre as presentes Condicións, pode pórse en contacto co departamento de clientes da Compañía a través do contacta da web.

Sétimo. Política de privacidade

Os datos persoais que se solicitan son os estritamente necesarios para o mantemento, desenvolvemento ou control da relación contractual co Usuario da AC.

O Usuario da AC garante que os datos achegados son verdadeiros, exactos, completos e actualizados, sendo responsable de calquera dano ou prexuízo, directo ou indirecto, que puidese ocasionarse como consecuencia do incumprimento de tal obriga. No caso de que os datos achegados pertencesen a un terceiro, garantes que informaches tal terceiro dos aspectos contidos nesta Política e obtiveches a súa autorización para facilitar os seus datos á Compañía para os fins sinalados.

Os datos de carácter persoal que nos facilites, así como outros datos adicionais que nos puideses facilitar e os xerados como consecuencia do fornecemento do servizo de subministración de auga dentro da actividade de tratamento de clientes e usuarios do ciclo integral da auga, a efectos de xestionar o teu contrato, solicitude ou petición, serán incorporados na base de datos da Compañía.

Para máis información sobre o tratamento que realiza a Compañía, o Usuario da AC pode consultar a Política de privacidade da web e a Política de protección de datos de clientes e usuarios do servizo.

En todo caso e en conformidade co Regulamento (UE) 2016/679, xeral de protección de datos, e a Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, podes acceder a, rectificar, suprimir, opoñerte a, portar ou limitar os teus datos ou o seu tratamento enviando a túa solicitude acompañada de copia do DNI ou equivalente e, no seu caso, documento de representación por calquera dos seguintes medios:

  • A través do contacta da nosa web.
  • Rexistrando a túa solicitude en calquera das nosas oficinas do servizo.

Oitavo. Xurisdición e lexislación aplicable

As Condicións da AC rexeranse pola lexislación española. Para a resolución de calquera discrepancia que puidese xurdir, salvo que a normativa de protección de consumidores e usuarios dispoña outra cousa, as partes sométense de forma expresa á xurisdición e competencia dos tribunais da localidade do domicilio social da Compañía.